
- Este evento ha pasado.
TEATRO «VIDAS ASOMADAS». ASOC. CULT. APELÓN
marzo 7 @ 7:30 pm - 8:30 pm

E que mellor que o teatro?
O venres 7 de marzo ás 19:30, no Casino Mugardés, Apelón Educación tráenos VIDAS ASOMADAS. Unha proposta de Maquinarias Teatro, para celebrar o Día da Muller.
VIDAS ASOMADAS é o título da performance creada por Maquinarias Teatro. Unha proposta de Helga Méndez e Eugenia Sanmartín que fala sobre as mulleres que pisaron as pedras do Antigo Hospital de Caridade.
Ambas as actrices poñen en escena a unha Ama de cría, unha Señora da Congregación de Irmás do Hospital, unha Mestra e unha Muller de mal vivir, quen se asoman ás ventás do patio para abrirnos de par en par as súas vidas (Ferrol 360)