O Casino de Mugardos, mantense neste século como unha das entidades culturais máis relevantes do concello. A finais do século XIX funcionaban en Mugardos dúas Sociedades, a Sociedade de Recreo (O España) e O Centro Recreativo (Pósito de Pescadores), que tiñan como obxectivo organizar festas, bailes e excursións. Da fusión das dúas Sociedades nace o 6 de xullo de 1924 a actual A.C.R.D Casino Mugardés (que se coñecía coloquialmente como El Pelayo).