Este sábado 12 de outubro, como sempre ás 19 horas, imos todos ao teatro para ver a obra «Inmortal» da Compañía Teatral Pedroso (Pedroso – Narón).
Despois de varios anos de duras investigacións, unha parella de prestixiosos científicos consegue por fin a ansiada fórmula da inmortalidade, cuxa portadora será unha rata. 🧪🐀 O CNI intentará sabotear tan cobizado descubrimento. Claro que, hai algo co que non contaban… 😱